Sobran as ideas,
faltan os meus versos,
poucas cousas claras,
aínda non hai besos.
Tan pouquiñas son as verbas,
que existen no camiño,
luces e mais sombras,
paxaros sen niño.
¡As malas influencias,
de esta choiva que non para,
pingas xa son tantas,
empañándome a mirada!
Moitas son estas ideas,
moi, moi poucas as palabras,
¡síntome coma unha princesa,
que non ten a súa tiara!
No hay comentarios:
Publicar un comentario