5.30.2012

11.

Uns baixan do pedestal,
atopándose cansos,
outros suben rápidos, 
fugaces,
para curiosear as súas entrañas,
falo da vida, das súas etapas,
un morren e outros nacen,
tantas, tantas contradicións,
 inxusta é, inxusta é,
inxusta é a nosa existencia,
tan inxusta que non vemos,
o máis belo da beleza,
un cativo sorrí,
e un vello tamén,
contentos, aledados,
compartindo gargalladas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario