Coma un río de fogo,
xogan os meus sentimentos,
¡tan difícil e tan cedo,
rematamos de ser pequenos!
Onte estaba entretido,
neses xogos infantís,
choraba e ría entolecido,
máis ninguén parecía ruín.
Hoxe camiño pola rúa,
mirando cara as estrelas,
o ceo escuro máis a lúa,
que antes semellaban inmensas.
Se puidera eu volver,
se puidera un só día,
tantas cousas por facer,
quedaría alí toda a vida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario